Os concelleiros de Servizos e Obras e Medio Ambiente, Ramiro Fernández e Toñi Eijo, explican que “o servizo de punto limpo móbil prestarase de forma itinerante todos os martes e venres nas seguintes zonas do termo municipal: (i) Rúa do Vilar (1º martes de cada mes); (ii) Rúa do Barridal (2º martes de cada mes); (iii) Rúa da Casilla (3º martes de cada mes); (iv) O Cantiño (4º martes de cada mes); (v) Rúa Vilaestrofe (2º venres de cada mes); e (vi) Praza do Concello (os restantes venres do mes, e o 5º martes de cada mes que teña cinco semanas). Sen prexuízo do anterior, á vista da evolución que vaia tendo a prestación do devandito servizo, así como das necesidades das persoas usuarias, o Concello de Burela valorará a posibilidade de modificar as zonas e a periodicidade do mesmo”.
Eijo indicou que “tamén é preciso por de manifesto que actualmente, desde o Servizo de Medio Ambiente estase a facer un seguimento e control exhaustivo do depósito incontrolado e ilegal de enseres, mobles e voluminosos domésticos nas vías públicas do municipio, e todo ilo aos efectos de valorar as eventuais actuacións a realizar polo Concello de Burela para evitar tan grave e danosa acción tanto para o medio ambiente, como para a seguridade e a integridade das persoas”. E engadiu que “sen prexuízo das eventuais conclusións que se vaian acadar con estas actuacións de control por parte do referido servizo e das sancións que podan ser impostas ás persoas responsables de tan incívica e irresponsable conduta, debe recordarse que a recollida de enseres, mobles e voluminosos domésticos por parte da empresa adxudicataria do servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos, ten lugar de luns a venres das 8 ás 11:15 horas da mañá, debendo as persoas interesadas en recibir dito servizo de forma adecuada e legal, chamar ao número de teléfono 626 763 142, con anterioridade a que estes sexan depositados na vía pública”.
Ramiro Fernández e Toñi Eijo lembraron que “os comercios e empresas do sector detallista e outras actividades do sector servizos (hostalaría e restauración, entidades financeiras, etc.), teñen á súa disposición o servizo de recollida do papel-cartón xerado nos mesmos, que é prestado de luns a sábado, podendo informarse sobre o seu funcionamento ou manifestar calquera incidencia ao respecto da súa prestación no devandito número de teléfono 626 763 142”.