Barreiros, 19 de setembro 2020. O Concello de Barreiros comezou estes días as obras para mellorar a planta potabilizadora situada en Celeiro de Mariñaos coa construción dunha nova captación sobre o rio Masma e que son proxectadas por Augas de Galicia.
Estas actuacións “teñen como obxectivo prioritario garantir o abastecemento de auga potable en calidade e cantidade no concello de Barreiros” segundo explica a concelleira de saúde, Montse Porteiro, e engade que, “a nova captación, que pasa a substituír a antiga e data de finais dos anos 70, permitirá mellorar o abastecemento de auga no Concello de Barreiros e, ao mesmo tempo, lograr un importante aforro enerxético, xa que o captarse auga por gravidade, elimínase un bombeo que implicaba a antiga captación”.
As obras, que son dunha enorme envergadura e precisan acometer un gran movemento de terras, “poden provocar pequenas alteracións nas características da auga coma o color, sen que en ningún momento se altere a súa potabilidade” asegura a edil.
A duración das mesmas estimase de quince días ,período que pode variar en función das condicións climatolóxicas.