Coñécese a historia da súa fundación, debida a un diácono de Coimbra (Portugal) escapado de Sur, zona ocupada tras a invasión islámica á península, no ano 711. Este diácono, de nome Rodrigo, refúxiase no norte de Galicia, e deixa en testamento tres igrexas, fundadas por el, no que se crearán uns dos primeiros mosteiros dúplices (mixtos) da Mariña Lucense, sendo probablemente un deles onde se sitúan as actuais ruínas de San Tirso de Portocelo.
A antiga igrexa de San Tirso estaba asentada sobre un antigo castro costeiro da idade do Hierro, do que se conserva o seu recinto, de forma triangular, defendido por dúas impresionantes murallas e fosos defensivos, todo iso nunha fermosa paisaxe marítima conectado por varios roteiros de sendeirismo de alto atractivo turístico, preto do faro de Punta Roncadoira.
A investigación arqueolóxica desenvolverase durante tres semanas, e tratará de localizar restos do primitivo asentamento e localizar vestixios da antiga ocupación da zona, tentando achegar comprender como vivían os seus antigos habitantes.