Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Sierra denuncia o abandono da área recreativa da Devesa ao lado da capela de San Roque

 Ribadeo, a 3 de setembro de 2020.- A vicevoceira do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Elena Sierra, puido constatar, unha vez máis, “a deixadez do goberno local” en relación á conservación de zonas verdes de acceso público tras visitar as áreas recreativas da zona rural do municipio ribadense.

A popular fai estas declaracións en relación ao estado “de abandono absoluto” da área recreativa que se atopa ao lado da capela de San Roque na parroquia da Devesa. Elena Sierra sinala que “hai bancos e parrillas inutilizables” que non están a disposición de posibles usuarios.

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo faise eco así das queixas dos veciños e veciñas que aseguran que se trata dunha zona transitada; polo que consideran que “non debería atoparse en tal estado”.

Sierra pide, nese sentido, “unha mellor xestión” dos recursos municipais por parte do equipo de goberno; xa que “ata o de agora, é inexistente”, segundo critica. De feito, os populares veñen denunciando nas últimas semanas “a mala imaxe que se proxectou da vila este verán pola falta de limpeza tanto das rúas da vila coma dos colectores do lixo de todo o municipio”; así coma “a falta de conservación de parques infantís”.

Exit mobile version