Site icon Crónica3.com A Mariña

Concello e Acia Burela asinaron un convenio de colaboración mediante o que a asociación recibe unha axuda de 10.000 euros para a organización de actividades e a promoción do comercio local

 Burela, 25 de setembro de 2020. Concello e Acia Burela asinaron hoxe un convenio de colaboración mediante o que a asociación recibe a través dunha axuda nominativa 10.000 euros para a organización de actividades e a promoción do comercio local. O alcalde, Alfredo Llano, e o presidente da Acia, Miguel Flórez.
O rexedor explicou que “seguindo coa sinatura de convenios con diferentes asociacións, tanto de carácter educativo, como cultural e deportivo, hoxe tivemos a correspondente á Asociación de Comerciantes, Industriais, e Autónomos (ACIA) Burela, que recibe unha axuda nominativa de 10.000 euros, que se fai desde o ano pasado. É co propósito de axudar a promocionar o comercio no noso concello”.
Llano dixo: “hai que ter en conta que este ano tamén, derivado do Covid, destinamos unha axuda desde o Concello de 125.000 euros. E agora estes 10.000 complementan o que queiran organizar para promover as visitas ao noso comercio. Debemos axudar agora a conformar un atractivo e unha motivación para que a xente compre no comercio local. É algo para ter en conta hoxe en día”.
O alcalde agarda “seguir con esa contribución, tanto con carácter económico nominativo como axudándolles en todo aquilo que poidamos de forma organizativa porque o Concello de Burela segue apoiando decididamente ao noso comercio local”.

Exit mobile version