Site icon Crónica3.com A Mariña

Alcoa confirma na reunión cos traballadores que non ten intención de vender

Así o desvelou este luns o presidente do comité, J. Antonio Zan, ó remate dunha xuntanza que a empresa quixo celebrar en Nigrán, a máis de 300kms de San Cibrao. Zan foi contundente na súa valoración, instando ao goberno a non ceder ante a inflexibilidade da multinacional e apurar unha intervención que devolva ao sector público unha fábrica que pertenceu ao SEPI, e que fora vendida nunhas condicións moito máis favorables que as que queren agora impoñer na venda.

Exit mobile version