Lugo, 1 de setembro, 2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, solicitou a todos os Concellos da provincia de Lugo a ampliación das medidas de flexibilización, licenzas especiais para ampliación ou instalación de terrazas ou outras concesións que se acordaron para facilitar a situación do sector hostaleiro trasa pandemia pola covid-19. A Asociación pide aos alcaldes e alcaldesas lucenses que “amplíen estes prazos da maneira máis sinxela e áxil posible ata finais de ano”, afirma Cheché Real. Ademais de solicitar esta prórroga, Real agradece as medidas postas en marcha polos Concellos, xa que recoñece que “todos os esforzos en favor do sector serán máis que necesarios para remontar esta difícil situación e manter os negocios e os empregos do sector”.
AApehl pide aos Concellos da provincia que prorroguen as medidas adoptadas para axudar ao sector da hostalería
AApehl pide aos Concellos da provincia que prorroguen as medidas adoptadas para axudar ao sector da hostalería
Relacionado
-
O PPdeG considera que o novo pronunciamento de Europa sobre Altri deixa en evidencia ao BNG e á esquerda: “Seis veces preguntaron e seis veces dixéronlles que non hai incumprimento”
-
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, úrxelle á Xunta unha solución para a situación da estación de autobuses e do transporte escolar no municipio
-
O PP esixe a PSOE e BNG a adopción de medidas de seguridade viaria na LU-P-0701, que asume todo o tráfico procedente da costa coas obras da A6