Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta dota de material de protección ás escolas infantís e casas niño da mariña ante o inicio da actividade

 Lugo, 8 de setembro de 2020. A Xunta de Galicia está a dotar de material de protección contra o coronavirus ás casas niño, Puntos de Atención á Infancia (PAI) e escolas infantís públicas e privadas da Mariña ante o inicio da actividade.

O Goberno galego completou un novo envío de 21.300 unidades de protección entre máis de 40 centros en todos os concellos da comarca. Preto da metade son institucións como as citadas, orientadas ao coidado de nenos e nenas de 0 a 3 anos, e o resto residencias, vivendas tuteladas e outros servizos para persoas maiores ou con discapacidade, entre outras. Así, nesta ocasión distribúe 9.300 luvas, 11.600 máscaras e pantallas faciais, e tamén batas, xel hidroalcólico e garrafas de desinfectante.

Con estas achegas o Goberno galego quere colaborar con todos os centros prestadores de servizos sociais -sexan xestionados por administracións, entidades sociais ou empresas privadas- reforzando a seguridade de traballadores e usuarios. Deste xeito, dende o inicio da crise sanitaria foron subministrados na comarca máis de 371.000 elementos de protección en distintas entregas de periodicidade semanal.

Exit mobile version