A Consellería de Política Social, que oferta nesta residencia 88 prazas -58 para persoas autónomas e 30 en situación de dependencia- e 20 no centro de día, verificou que ese espazo contiguo ás instalacións da residencia, emprazado na rúa Pardo Bazán, é de titularidade autonómica. Esta circunstancia, engadiu Arias, permite axilizar os trámites necesarios para facer realidade esta obra, pois non será necesario solicitar a cesión a outras Administracións.
O delegado territorial da Xunta en Lugo confirmou, así mesmo, que o Goberno galego xa encargou o proxecto técnico no que se definirán as características do peche deste espazo, que aspira a converterse no novo patio exterior da residencia, información que trasladou aos residentes e familiares do centro, impulsores desta iniciativa.