O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “este xoves, 3 de setembro, ás 21:30 horas, proxectarase a película María Solinha na Praza do Conde Santo, en Vilanova de Lourenzá. Estará presente nesta estrea o director do filme, Ignacio Vilar, que será o encargado da presentación e de moderar o posterior coloquio que se desenvolverá ao remate da proxección”.
Manuel Arango destaca que “se tomarán todas as medidas necesarias, tanto hixiénicas como de separación de cadeiras, de obrigatorio cumprimento debido a pandemia do Covid-19. Tamén será obrigatorio o uso de mascariñas para acceder ao recinto”.
Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá e conta coa colaboración da Deputación Provincial.