Os feitos ocorreron en torno ás once da noite, cando o establecemento, ubicado nas proximidades da estrada LU-540, tiña as súas portas abertas. Foi entón, cando os axentes accederon ó seu interior e puideron comprobar a existencia de clientes que estaban facendo consumicións, e algúns deles sen facer uso obrigatorio da máscara respiratoria, sen causa xustificada.
Por elo, procedeuse ó desaloxo do local e a facer as correspondentes propostas de sancións, por infracción, entre outras, ao estipulado na ORDE do 15 de agosto de 2020 pola que se modifican determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, e do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, a cal establece que os establecementos de lecer nocturno permanecerán pechados.