Lugo, 2 de setembro de 2020. A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, en colaboración coa xefatura territorial de Educación da Xunta de Galicia, comenzou a realizar xa o cribado masivo, mediante test rápidos de anticorpos de dobre banda, de todo o persoal docente e demais profesionais dos distintos centros educativos da provincia, co obxectivo de determinar as posibles infeccións por COVID-19 antes de dar comenzo o próximo curso escolar, de xeito que este se inicie de forma segura, tanto para o alumnado como para os propios profesionais.
Os test comenzaron a realizarse o pasado luns, día 31 de agosto, nos distintos centros de saúde da provincia de Lugo asignados a cada un dos centros educativos da provincia, así como no Hospital Universitario Lucus Augusti, de xeito que se facilita a realización destas probas no lugar máis próximo a cada un dos centros de ensino. A maioría das probas, aproximadamente un 90%, realizaranse nos centros de saúde de referencia asignado a cada centro educativo, e o HULA asumirá aproximadamente outro 10% das probas que está previsto realizar.
Durante o tempo que dure o proceso de toma e análise das mostras pasarán máis de 4.000 mestres e e outros profesionais dos centros educativos da provincia polos puntos de cribado habilitados en cada centro sanitario para someterse a estas probas de scrinning dos traballadores dos centros educativos. Este cribado masivo inclúe tanto a profesionais de escolas infantís, centros de Ensino Primario, Ensino Secundario e Bacharelato, como a centros concertados de toda a provincia de Lugo.
Ás persoas ás que se lles vai a realizar esta proba, o Sergas facilítalles unha cita a través de teléfono ou SMS, na que se lles indica o lugar, día e hora no que se lles realizará a toma da mostra. A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte ten previsto ter cribado a estes profesionais nos próximos quince días, aínda que as correspondentes aos profesionais de escolas infantís e ensino primario está previsto que estean rematadas antes do día 9.
A extracción consiste nun proceso sinxelo que se realiza mediante “punción capilar” no que se extrae unha pinga de sangue do dedo e o resultado da mostra pódese coñecer en poucos minutos. Se o resultado da proba fose positivo, o Sergas activaría o protocolo establecido, e realizará outras probas diagnósticas complementarias.
Os test de dobre banda permiten detectar posibles positivos, pero tamén coñecer cales son os positivos activos e cales son os que están inmunizados. Estas probas serven para aumentar a cantidade de casos detectados, mesmo asintomáticos, e aumentar o abano de diagnóstico, polo que teñen unha gran utilidade, xa que permiten diferenciar entre infección aguda, máis avanzada ou curada.
Este tipo de proba diagnóstica foi a realizada no seu momento para o cribado do persoal sanitario, dos corpos e forzas de seguridade e tamén ao persoal de servizos esenciais tales bombeiros, protección civil, técnicos de transporte sanitario e persoal do 061, entre outros.