Barreiros, 23 de agosto, 2020. Unha persoa perdeu a vída esta tarde ao sufrir unha indisposición na Praia de Acantilado, en Barreiros.
Eran as 13:45 horas cando varios particulares chamaron ao 112 Galicia para alertar dunha persoa indisposta que necesita asistencia sanitaria urxente. Segundo indicaba unha das testemuñas, ademais, estaba xa sendo atendido polo persoal socorrista.
Decontado, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaba un equipo médico ata ao lugar. Así mesmo, para colaborar cos profesionais sanitarios, tamén informaron aos axentes da Garda Civil.
Malia os intentos realizados polos sanitarios e a que os servizos de emerxencia se desprazaron axiña ao punto, nada se puido facer por salvarlle a vida.
Rescatan dúas persoas da auga
Previamente, cando faltaban cinco minutos para a unha da tarde, os socorristas da praia de Fontela-Balea, rescataron da auga a dous bañistas que se atopaban en apuros. Unha das persoas, segundo informaron os socorristas, foi evacuado polos servizos sanitarios ata o centro hospitalario de referencia para a súa valoración.
Tamén neste caso, foron varias as persoas particulares quen, a esa hora, chamaron ao 112 Galicia para alertar de dúas persoas con problemas para saír da auga debido a ondada.
Axiña, unha vez recibida as chamadas de alerta no 112 Galicia, os xestores do servizo puxéronse en contacto co persoal do Salvamento Marítimo e co Servizo de Gardacostas de Galicia para coordinar o operativo de rescate no mar. Sen embargo, pouco tempo despois, as persoas foron recollidas polo equipo socorrista do areal sen necesidade de máis medios de intervención.
Finalmente, as dúas persoas foron conducidas a terra a bordo da embarcación onde foron atendidos por equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Este operativo contou, ademais, coa colaboraron dos axentes da Garda Civil.