Lugo, 3 de agosto, 2020. Así o confirmou á saída da mesma o pdte do comité, J.Antonio Zan. Malia que Liberty House xa anunciou que estaría disposta a adquirir só a fábrica de aluminio, Alcoa non ten pensado permitilo sen antes parar as cubas. Esta circunstancia podería incurrir en fraude de lei e invalidar o ERE, como xa avanzou a Xunta á empresa norteamericana. Esta tarde, o conselleiro de industria, Francisco Conde, recibirá ao comité tras entrevistarse previamente co grupo británico. Zan non entende a teima de Alcoa en parar as cubas e insiste en coñecer o plan de viabilidade presentado polo novo inversor que apunta a obter números positivos nunhas 30 semanas trala súa entrada.