“Volvemos preguntarnos onde está o presidente galego, onde esta Feixóo nas 24 horas que van ser claves para o futuro de ALCOA, para o futuro de miles de postos de traballo? Porque senón está nunha reunión clave como está daquela xa non sabemos que é o que ten pasar para que se sente na mesa”, interpelou Rodil. O BNG insiste na nacionalización, a través da intervención do Estado e da Xunta, e cunha tarifa eléctrica galega que poña fin ao espolio enerxético.
“En todo caso, e ante a posibilidade dunha oferta privada de compra, esperamos que non sexa utilizada polos gobernos central e galego para poñerse de perfil e botar balóns fora, que se aseguren de que non se paran as cubas, e de que non se repite o desastre de compravenda ao que xa asistimos coa fábrica de ALCOA na Coruña”, indicou.