O Vicedo, 4 de agosto, 2020. Este mércores 5 de agosto ás 12h na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar a presentación dun achádego aparecido nas recentes prospeccións arqueolóxicas realizadas na Illa Coelleira a cargo do equipo do arqueólogo Iñaki Sagredo.
Ao acto de presentación asistirán:
O Conselleiro de Cultura e Turismo, D. Román Rodríguez González
A Directora Xeral do Patrimonio Cultural, Dª María del Carmen Martínez Insua
A Secretaria da Delegación Provincial da Xunta de Galicia en Lugo, Dª Marta Barreiro Castro
A Xefa territorial de patrimonio en Lugo, Dª María José Gómez Rodríguez
O Alcalde-presidente do Concello de O Vicedo, D. José Jesús Novo Martínez
O Arqueólogo responsable das prospeccións arqueolóxicas, D. Iñaki Sagredo Garde
Trátase dunha estela funeraria, tamén chamada cruz papal, que apareceu semisoterrada. Esta cruz papal, que ten 3 brazos e hai máis cruces talladas na contorna da mesma pedra, tamén destaca porque ten unha aureola que lle aporta magnificiencia. Polo desgaste do granito vese que a cruz é moi antiga e hai moi poucos achádegos similares. A relixión ortodoxa adoptou tamén este tipo de cruz, non é un tipo de cruz común, é moi extrana, de aí a importancia do achádego.
Durante o acto de presentación os artistas Queiman e Pousa interpretarán tamén 2 pezas musicais para amenizar o acto.