Lugo, 4 de agosto, 2020. José Antonio Zan é claro, Alcoa está montando un proceso fraudulento, non poden aplicar un ERE cando hai un interesado en mercar. Así llo trasladou tamén a Xunta. Os traballadorxs non admiten parar as cubas antes das negociacións, porque entenden que sería a puntilla á delicada situación actual. Zan insta ao goberno central a paralizar todo o proceso e lembra que Alcoa mercou unha planta en funcionamento, a diferencia das súas pretensións. “No se puede permitir que vengan unos cuatretos a desguacar una fábrica” concluiu Zan á saída da xuntanza deste martes en Lugo.