Falta de limpeza
Dende esta asociación queremos denunciar a falta de limpeza das rúas, áreas verdes e beirarrúas do casco urbano; así coma o nulo mantemento dos camiños, cunetas e sendas verdes do municipio, onde a maleza é un perigo sobre todo agora no verán, época de incendios.
Compre lembrar que os aproximadamente 10.000 habitantes que vivimos en Burela temos o privilexio de gozar de camiños rurais, zonas verdes, paseos marítimos, áreas recreativas e sendas verdes nos ao redor dos 8.000 metros cadrados de extensión do nosos concello. Todas estas infraestruturas foron moi utilizadas polos veciños e veciñas durante o confinamento e a pasares diso, o Concello nin sequera fixo arranxos ou limpeza de tipo preventivo.
As cunetas teñen moita broza e lixo acumulado porque en todo este tempo non existiu un mantemento regular, o que provocou que os camiños e sendas verdes amosen un estado deplorable.
Casco urbano
O nulo mantemento das rúas, beirarrúas e zonas verdes do noso casco urbano tamén é máis que evidente: Restos de envases, cartóns, cabichas e todo tipo de plásticos tirados ou herba seca no lugar de céspede nas áreas verdes é algo que prolifera en calquera punto do municipio.
Tamén queremos puntualizar que, as restricións en cuanto a limpeza derivadas da crisis do coronavirus no son escusa. Esta situación ven de moito antes, o que contrasta co slogan oficial utilizado polos nosos responsables municipais: “Burela Bonita”. Na nosa opinión, o nomeado slogan non deixa de ser unha ironía vendo o que se pode ver cando camiñas por calquera espazo público do nosos concello.