Cada equipo debía estar composto por un mínimo de dez corredores e cada membro tiña que acreditar que realizara unha carreira de 10K ata completar, pola suma do equipo, 100K (distancia mínima esixida a un peregrino de a pé para obter a “compostelana”).
Nesta proba competitiva e solidaria o ‘Ría de Foz’ obtivo os seguintes resultados:
-1º posto de MANUEL EIRAS na categoría masculina.
-1º posto de ROSALÍA RODRÍGUEZ na categoría feminina.
-Equipo máis rápido en completar os 100K.
-2º equipo con maior número de participantes.
Esta proba, xunto con outras de carácter virtual nas que están a participar os nosos atletas, serviunos para preparar o Campionato Absoluto Galego de Pista, que será a primeira ocasión na que o noso Club participe. Motivación e ilusión non nos falta!