A iniciativa que está na súa fase de arranque, promoción e captación, percorreu xa os concellos do territorio e as confrarías de pescadores do mesmo, entidades coas que se pretende aumentar a difusión do proxecto e acadar esa captación de participantes, achegándolles a información e resolvendo as dúbidas que lles poidan xurdir.
Solicitude de información a persoas interesadas
Para informarse sobre o proxecto, está habilitada a dirección de email info@relevo2020.org e o espazo web relevo2020.org no que ademais se atopará o formulario de inscrición que xa está habilitado.
As persoas que así o desexen tamén poden informarse na oficina do GALP, na súa sede en Viveiro e seguir as novas a través das redes sociais Instagram e Facebook buscando por Relevo2020.
Rolda de prensa
A fin de contribuír aínda máis a esa promoción e achegar o proxecto á cidadanía en xeral, o GALP A Mariña Ortegal vai realizar unha rolda de prensa segundo se indica:
_Data: martes día 4 de agosto
_Hora: ás 12h
_Lugar: Barco-Museo Bonitero “Reina del Carmen”. Explanada portuaria. Puerto pesquero s/n – 27880 – Burela
Intervirán:
– Alfredo LLano García, Alcalde de Burela e Vicepresidente do GALP.
– Basilio Otero Rodríguez, vogal da Xunta directiva do GALP A Mariña Ortegal, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Burela, Presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores (FNCP) e Presidente da Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo.
– María Calvo, Oceanógrafa e Coordinadora do proxecto por parte da entidade adxudicataria Arenaria Coordinación, S.L.U.