Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro realizou traballos de desbroce e limpeza no paseo fluvial

 Viveiro, 3 de agosto de 2020. O Concello de Viveiro realizou nos últimos días traballos de limpeza e desinfección do paseo fluvial, xa rematados para o disfrute da veciñanza.

En concreto, a brigada de obras municipal efectuou labores de desbroce e limpeza no tramo que vai de Xunqueira a Portochao, humanizando desta maneira unha zona moi utilizada durante o verán.

Tras o confinamento, o estado de alarma e o rebrote, unha situación que obrigou a paralizar ou demorar moitos traballos, o concello leva semanas con tarefas de mantemento dos espazos públicos e as infraestruturas, tanto no casco urbano como nas parroquias.

Ademais destas tarefas de desbroce, realizáronse numerosas actuacións de bacheo, repintado de camños o instalación de nova sinalética, todas elas accións destinadas a mellorar a vida diaria dos veciños e veciñas de Viveiro.

Exit mobile version