O concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña, explicou que “nesta Concellaría recibimos de Erika Martínez Carreira, directora xeral de Foresin, empresa de consultoría e enxeñería ambiental con sede en Sarria (Lugo), información de que se van desenvolver no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Vilaframil, unha xornada divulgativa e un curso formativo sobre técnicas de extracción de resina impartidos por técnicos/as desta empresa e financiadas polo Agacal”.
O calendario e os requisitos para asistir a estas accións formativas son os seguintes:
O venres, 7 de agosto, terá lugar a acción divulgativa sobre o potencial resineiro nos piñeirais galegos cunha duración de 4 horas.
-Xornada teórica de 17:00 a 18:30 horas, impartida no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias.
-Xornada práctica de 18:30 a 21:00 horas, consistente nunha demostración in situ sobre un piñeiral da zona.
Para complementar a formación, impartirase un curso formativo sobre técnicas de extracción de resina cunha duración de 60 horas no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias. As datas e horarios do curso son 17, 18, 19, 24 e 25 de agosto e 7, 8, 14, 15 e 19 de setembro en horario de 8:00 a 14:00 horas.
Para poder asistir, tanto á xornada divulgativa como ao curso formativo, os interesados deben reservar a súa praza no email informacion@foresin.es ou chamando ao 680 20 83 20.
Ambas accións están financiadas polo Agacal a través da liña 1M01: Accións de transferencia de coñecementos e información (art. 14), Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% FEADER.
Jesús Mundiña subliñou que “con esta información queremos colaborar co Centro de Formación Pedro Murias na divulgación de accións formativas para o noso sector agroforestal. Estas que se anuncian son, sen dúbida, novedosas pola temática que abordan”.