Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG exixe a equiparación do persoal de axuda no fogar á do persoal sanitario ante unha enfermidade derivada do contaxio da COVID19

Madrid, 27 de agosto 2020.- O Bloque Nacionalista Galego vén de solicitar no Congreso que se modifique o Real Decreto 27/2020 para incluír ao persoal de axuda no fogar e que se lle dea a consideración como continxencia profesional dun accidente de traballo das enfermidades derivadas do contaxio do virus SARS-CoV2, pois trátase dun grupo vulnerábel, imprescindíbel e esencial que ten que ter os mesmos dereitos que o persoal dos centros sanitarios e socio-sanitarios.

Os nacionalistas instan ao Goberno español a rectificar o previsto no decreto e solicitan que se inclúa ao persoal de axuda dos servizos no fogar. Critican que se volve a ignorar novamente a este colectivo e se invisibiliza ao non ter en conta o seu traballo.

O BNG ve necesario que se teña en conta que, por traballar con persoas especialmente vulnerábeis que residen nos seus domicilios onde poden ser visitados por familiares e amizades, a súa protección é fundamental como medida de contención para evitar a expansión do virus.

O deputado nacionalista, Néstor Rego, salientou que o persoal dos servizos de axuda no fogar “está igualmente exposto ás infeccións por COVID19, do mesmo xeito que o están os traballadores e traballadoras dos centros sanitarios e socio-sanitarios”.

Exit mobile version