Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Lourenzá pide otraslado dos postos da Feira dos días 9 e 28 á praza do Conde Santo

 Lourenzá, 25 de agosto, 2020. Durante esta semana o grupo nacionalista de Lourenzá fixemos unha campaña de firmas cos comerciantes da nosa vila, nela solicitamos que os postos de venta ambulante que se colocan os días das feiras, 9 e 28 de cada mes, se transladen a praza do conde santo e as súas inmediacións ( rúa paseo de oia ).
Uns 20 comerciantes do centro da nosa principal parroquia viron con bos ollos esta solicitude e firmaron o documento, apoiando así dita iniciativa.
Pola situación actual provocada pola pandemia da COVID e a necesidade de protexer á poboación de posibles contaxios, recoméndase o desenrolo ó aire libre das diferentes actividades levadas a cabo polo público en xeral. Logo parécenos lóxico e factible que a actividade económica que xeran as feiras do 9 e do 28 de cada mes sexa aproveitada para o fomento do comercio local mediante o traslado dos postos da feira ata o centro da vila o que impulsaría positivamente a economía do comercio e a hostalería.
Na actualidade os postos sitúanse fóra da nave da feira e mentres dure o bó tempo entendemos que seguirá a ser así. Ademáis, o incremento de visitantes nesta época estival, debe ser aproveitado para beneficio das veciñas/os e da actual maneira desvíase cara ó mercado gandeiro e non repercute no comercio local tanto como podería si os postos ocupasen unha das rúas do pobo como pasa nos concellos veciños.
Dita inciativa foi rexistrada nas dependencias do Concello durante a maña de hoxe, e será proposta como moción, levada a cabo por este grupo, para o próximo pleno do mes de Setembro.

Exit mobile version