Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, e a concelleira e deputada provincial Mónica Freire, asistiron no Centro Pedro Murias á inauguración do IX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organizou Apaga

Para Pablo Vizoso: “formarse ou ampliar coñecementos, compartir experiencias ou asistir a cursos e eventos coma este é algo necesario, é algo que eu case me atrevería a dicir que obrigado, pero polo menos é necesario para seguir avanzando, para actualizar os nosos coñecementos e en definitiva para desempeñar mellor os nosos traballos. Temos que actualizarnos para non quedarnos atrás e unha boa forma de facelo sempre é asistir a eventos como este que organiza Apaga, que xa chega e xa vai pola súa novena edición”.

Exit mobile version