“Sabemos que no Pescados Rubén Burela FS a esixencia sempre é a máxima e estamos obrigadas a dar o mellor de nós para gañar o maior número de títulos posibles” advertía a ala burelista ante un novo horizonte cheo de retos e sen agochar un gran sentiminto de orgullo por defender o escudo da que sempre foi a súa casa: “Xogar no Burela é un privilexio e un soño, ao mesmo tempo ca unha gran responsabilidade. Estou moi agradecida pola oportunidade de vestir esta camiseta un ano máis”.
Emoción, títulos, espectáculo sobre a pista… En todo isto pensa a 10 laranxa para a nova tempada, pero sobre todo, ao igual ca as súas compañeiras, en que todos poidamos retomar as nosas vidas canto antes: “Gustaríame mandar unha mensaxe de ánimo. A situación non está sendo doada para moitas familias. Con responsabilidade sairemos desta todos xuntos”.