Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres remata en Ribadeo o IX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado por APAGA

 Ribadeo, 27 de agosto de 2020. O IX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza APAGA, aborda hoxe a tecnoloxía dos vehículos eléctricos e híbridos.
Este xoves pola tarde celébranse ademais no Centro de Formación Pedro Murias, de Ribadeo, obradoiros sobre soldadura, editor de libros electrónicos e caixa de cambios automática. A xornada rematará coa asemblea xeral de APAGA.
Mañá, 28 de agosto, terá lugar a presentación do Porsche Taycan na explanada do Porto de Rinlo ás 21:00 horas, seguida dunha cea coa que concluirá o IX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos. Ademais ás 13:00 horas representantes de PSA Groupe falarán dos novos modelos 208 e 2008. Antes, ás 11:00 horas, o xornalista Álvaro Sauras, da revista Autofácil-Evo, falará sobre o Porsche Taycan, o eléctrico 2.0. BMW Ibérica protagonizará a charla das 9 da mañá. Xa pola tarde os participantes darán un paseo en tren turístico por Ribadeo.
Arredor de 40 persoas se dan cita no Centro Pedro Murias desde o pasado martes, data na que foi inaugurada esta cita coa formación de APAGA.

Exit mobile version