Site icon Crónica3.com A Mariña

Do 25 ao 28 de agosto terá lugar en Ribadeo o IX Fórum de innovación e formación sobre vehículos, que organiza Apaga, coa presentación do modelo eléctrico porsche Taycan como unha das novidades deste ano

 Ribadeo, 19 de agosto de 2020. Do 25 ao 28 de agosto terá lugar en Ribadeo, no Centro Pedro Murias, o IX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). A presentación do modelo eléctrico Porsche Taycan en Rinlo é unha das novidades deste ano. Este Fórum, que contará cun total de 32 horas de actividades, está dirixido a profesores e profesionais do mundo do motor e estudantes de Formación Profesional ou universitarios, así como a afeccionados ao mundo automobilístico.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, comentou que “este ano é un pouco complexo polo tema do covid, pero está todo preparado: o programa, todas as series de actividades lúdicas que se van a facer a tarde do martes e a tarde de mércores: unha visita á Finca Galea, á fábrica de Sargadelos cunha comida alí, e despois o programa vaise desenvolver como estaba previsto”.
Sobre a programación do IX Fórum Doural explicou que “arrancaremos o martes pola mañá, por una parte cunha presentación por parte da xente de APAGA que leva o tema de accións europeas e dos proxectos que nestes momentos está a desenvolver a asociación, como os de mobilidade no marco da Carta de Mobilidade. Hai que recordar que a asociación é una das 90 entidades a nivel nacional que ten esa carta de mobilidade, que está acreditado. Pola tarde tanto martes como mércores vai haber unas actividades lúdicas e o xoves haberá reunión da asociación onde se fai balance do ano 2019, onde se fai o informe económico, os informes de actividades e as propostas de novos proxectos e novas accións para desenvolver neste ano e de cara tamén ao 2021”.
O presidente de APAGA tamén falou sobre a gran novidade deste noveno Fórum: “a única novidade a maiores é o venres, aínda que estamos pendentes do permiso de Portos, xa que vai haber unha actividade no porto de Rinlo, á noite. Trátase da presentación dun novo modelo eléctrico da marca Porsche. En principio o venres pola mañá tamén haberá as 3 ponencias, de BMW e PSA e tamén se vai facer una ponencia sobre o Porsche que se vai presentar. Se vai facer tamén un taller co vehículo novo, o Porsche Taycan, que se vai probar por estrada para as persoas que estean interesadas en probalo. O xoves pola mañá tamén terán lugar dúas ponencias, e pola tarde os talleres”.
En relación ás medidas de seguridade Álvaro Doural dixo que “desgraciadamente, e espero que no se volvan a repetir estas condicións, este ano contaremos con bastante menos xente, con menos da metade do que normalmente temos. Sobre unas 40 persoas asistirán ao IX Fórum por temas de seguridade e hixiene por mor do covid. Vanse a extremar todas as medidas en relación a ese tema. Ao final decidimos facer a actividade, que vai ser a única ou das únicas que se van desenvolver con estas características na Mariña, porque todo o mundo foi anulando, pero pensamos que tomando as medidas de seguridade e hixiene se poderá desenvolver sen maiores problemas”.
Para máis información sobre este evento, os interesados poden dirixirse a páxina da asociación https://www.apaga.es/

Exit mobile version