A segunda parte da película Mascotasvolve traer as trepidantes aventuras de Max, que se enfrontará nesta ocasión a importantes cambios na súa vida, como o matrimonio e a maternidade da súa dona. Max terá que aprender a dominar os seus medos grazas a axuda de Rooster, un can granxeiro que coñece nun viaxe familiar ao campo. Os amigos de Max tamén terán as súas propias andanzas. Gidget tratará de recuperar o xoguete favorito de Max dun apartamento repleto de gatos e Snowball embárcase nunha perigosa misión para liberar a un tigre branco chamado Hu dos seus captores nun circo de animais.
A entrada para esta nova proxección será de balde e deberán respectarse as normas de seguridade e hixiene pertinentes.