O xerente de Discosta Norte, José Antonio Veiga, explica que é “unha exposición tipo viñoteca e cun estilo rústico dos produtos que temos, que son moitas referencias, das cales máis do 90 por cento recibímolas directamente das bodegas e das fábricas. Con isto conseguimos que os prezos de venda ao público estean sempre e en todos os casos moi por debaixo do que se pode encontrar en calquera área comercial e incluso por internet. E esa é a gran vantaxe que temos. Dispoñemos de viños de todas as denominacións de orixe que hai en España, viños colleiteiros das mellores marcas, os viños e os vermús que envasamos nosoutros, licores, augardentes, … Tamén temos as cervexas de Estrella Galicia, cos mellores prezos porque somos distribuidores”.
José Antonio Veiga engade que “a idea é que sexa unha tenda onde a xente veña comprar máis barato que nos demais sitios produtos da mesma ou de mellor calidade. Temos ademais unha sección dedicada a delicatessen na que dispoñemos dunha parte pequena de referencias de momento, pero a idea é ir incorporando máis, sempre produtos de primeira calidade: aceites das mellores marcas, conservas en varios tipos de envasados, arroces, leites, … E seguiremos incluíndo progresivamente novos produtos porque a tenda é algo dinámico que vai estar crecendo sempre”.
Adega San Damián está aberta ao público de luns a venres en horario de mañá e tarde.