Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta achegou 331.600 unidades de protección contra o coronavirus aos centros asistenciais da Mariña dende o inicio da crise sanitaria

 Lugo, 19 de agosto de 2020. A Xunta de Galicia está a realizar unha nova distribución de material de protección contra o coronavirus nos centros asistenciais da provincia de Lugo, coa que supera o millón e medio de unidades subministradas dende o comezo da crise sanitaria.

En concreto, con esta nova entrega o material facilitado na comarca da Mariña ascende a 331.600 unidades, entre o que destacan 157.720 luvas, 156.666 máscaras e pantallas faciais, 3.700 batas e mandís, 11.400 gorros e calzas, así como xel hidroalcólico e garrafas de desinfectante.

Actualmente está a realizar subministros semanais que benefician a todas as residencias, vivendas tuteladas ou institucións similares -en xeral centros de maiores, menores, persoas con discapacidade ou inclusión- que figuran nos rexistros oficiais da Xunta, sexan de xestión pública ou privada. A Administración galega quere contribuír así á seguridade de traballadores e usuarios destes servizos, que son máis vulnerables ante a pandemia da covid-19.

Neste sentido, estes días está enviando material a 17 centros situados nos concellos de Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, Viveiro e Xove; en total, son 14.000 unidades entre as que destacan 7.000 luvas e 6.856 máscaras e pantallas faciais. Tamén se entregan calzas, gorros, batas e xel desinfectante.

Estas achegas estanse a realizar a través da plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria.

Exit mobile version