Como resultado do operativo levantáronse un total de 14 actas de proposta de sanción. Delas, 5 foron por non facer uso da máscara nos casos obrigatorios, 2 por fumar en espazos públicos sen gardar a distancia de seguridade, 4 foron polo consumo de alcol na vía pública, 2 por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por falta de consideración aos Axentes da Autoriad, e 1 acta contra un establecemento de hostalería por apertura ao público fose do horario permitido pola Resolución do 12 de xuño de 2020 da Consellería de Sanidade.
Trátase dun establecemento de hostalería situado na zona de Granxas-Parquemar, o cal, nun primeiro momento pechou as súas portas á hora establecida (01:00 horas), pero, tras unha queixa veciñal formulada á Policía Local por veciños, a altas horas da madrugada, os axentes comprobaron que o establecemento volvera a abrir ao público, atopándose a clientes, camareiros e propietario no seu interior, consumindo bebidas e con música. Algunhas destas persoas non facían uso da máscara. Procedeuse ao desaloxo do local.
Á marxe das anteriores actuacións, non se deixan de lado controles de alcolemia e velocidade, en aras de preservar a seguridade viaria en estradas da súa competencia. Establecéronse puntos de verificación de alcol a condutores, sendo realizadas un total de 49 probas, das cales 2 arroxaron un resultado positivo, tramitando as denuncias administrativas que conlevan unha sanción económica de 500 euros e aparellada a retirada de 4 puntos do permiso de conducir. Establecéronse, tamén, controis de velocidade sobre 652 vehículos, resultando un total de 32 infraccións.
Doutra banda, a Policía Local, investiga para tratar de localizar ao condutor implicado nun accidente de circulación con fuga, con resultado de danos materiais. O contratempo tivo lugar na estrada do Pirixel, á altura de San Lázaro, na madrugada do luns 24 ao martes 25, cando un vehículo chocou contra dous vehículos estacionados, ausentándose do lugar. Os vehículos sofren importantes danos.