A tenda burelense de Phonergy ofrece servizos de telefonía de numerosas compañías baixo custo e conta cunha gran variedade de teléfonos, tanto novos como reacondicionados. Phonergy é ademais colaborador da firma Aldro Enerxía, unha empresa comercializadora que ofrece tarifas de luz e gas moi económicas. Con motivo da apertura en Burela (xa ten outra en Ribadeo), Phonergy reparte agasallos aos que visiten a tenda, que está no baixo da rúa Ramón Farré, número 1, esquina con Avenida de Arcadio Pardiñas.