O obxectivo específico no que se enmarca o proxecto versa sobre o fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e á mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura, incluíndo a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima”.
A Creación da Aula do Mar de A Mariña é un proxecto medioambiental e de integración social para persoas con enfermidade mental crónica no cal se pon en valor o patrimonio costeiro, os recursos patrimoniais e ambientais da zona de A Mariña-Ortegal.
Unha característica importante deste proxecto é que se trata dunha aula aberta e inclusiva, que saibamos, a PRIMEIRA AULA DO MAR INCLUSIVA DE GALICIA, sendo un espazo de comunicación transversal ante o sector pesqueiro e os demáis colectivos en risco de exclusión social, para que se favorezcan os medios, apoios e recursos que contribúan á igualdade real e efectiva no sector pesqueiro, para así avanzar na inclusión.
A “Aula do Mar” contempla 5 actividades xerais denominadas do seguinte xeito: Terapia-mar, Crea-mar, Coida-mar, Explora-mar e a obra de teatro “O Camiño e o mar”.
A localización física da “Aula do Mar” está en Cervo, na Unidade Residencial da entidade ainda que é preciso dicir que terá un carácter itinerante posto que se realizarán actividades ó redor de toda a contorna, coa realización de saídas e visitas culturais polos diferentes concellos da comarca para reforzar así a identidade local da zona costeira, así como nos Centros de Rehabilitaciòn Psicosocial e Laboral de Burela e Ribadeo para que se podan beneficiar deste proxecto a meirande parte dos noso colectivo .
Nestes intres estanse levando a cabo as actividades de Terapia-mar: un programa terapéutico de estimulación cognitiva coas aprendizaxes mariñas e un programa de cognición social con elaboración de fichas e visualización de videos sobre faros, mares, ornitoloxía.
Tamén se estivo desenvolvendo o taller de nudos mariñeiros e estamos a piques de comezar as actividades de Creamar, curso de elaboración de obxetos artesanais diversos que protagonizen estampas mariñas .
Este proxecto, contribúe ademáis, a tomar conciencia e mellorar o mundo no que vivimos e convertelo nun lugar máis agradable e sustentable. Será un “laboratorio” de coñecemento entre os homes do mar e o noso colectivo, que loita día a día contra o estigma, buscando alternativas positivas que lles axuden a acadar os seus soños, evitando o deterioro cognitivo e traballando por tanto por un envellecemento activo. Trátase dun proxecto innovador cunha duración de tres anos (2020-2022) ó longo dos cales se crearán 4 novos postos de traballo para mulleres , loitando por tanto, por unha igualdade plena e para rematar decir que estamos moi ilusionados coa súa creación e desexando acadar os resultados esperados .
Animámosvos a todos a participar de forma activa e a seguir os nosos avances e progresos na nosa web.