A xerencia da empresa explica que “xa se realizaron as probas ás 40 persoas que traballan na oficina de Foz e a gran parte dos condutores, que a van facendo a medida que pasan pola base da empresa, cando regresan das súas viaxes”. A flota de Grupo Reyco está formada por 140 camións.
Os responsables da firma engaden que “isto realizámolo como medida preventiva e de control da seguridade sanitaria dos nosos empregados e dos clientes cos que mantemos contacto persoal. O noso sector pola súa natureza está moi exposto”.
Tamén destacaron que “todas as persoas que fixeron a proba deron resultado negativo, o cal exerce un efecto tranquilizador en toda a plantilla e é un claro síntoma de que as medidas de prevención que se están a tomar dende a empresa dan resultado”.