Santiago de Compostela, 29 de xullo 2020. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou está mañá en rolda de prensa, logo da reunión co Cómite clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica da Mariña, que desde esta medianoite as restricións de aforo e horario de apertura comercial dos concellos do distrito lucense, equipararanse aos do resto de Galicia, após de tres días sen rexistrarse novos casos.
Acompañado polo xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, e polo director xeral de Saúde Pública, Andres Paz-Ares, o responsable da carteira sanitaria da Xunta comezou a súa intervención explicando que desde as 12:00 horas desta noite restablecerase na totalidade do concellos mariñáns o número de persoas que poden viaxar de maneira conxunta, tanto no transporte público como no privado.
Dentro das modificacións que entrarán en vigor esta medianoite, Almuiña tamén apuntou que se amplían os aforos dos locais comerciais e de hostalería, nas mesmas franxas vixentes para o resto de Galicia; así como que tamén se ampliarán os horarios de apertura comercial, ben sexa de acordo a normativa xeral da comunidade galega, ou segundo o definido polas diferentes ordenanzas municipais que regulan este ámbito.
Continúa o peche do ocio nocturno e reunións limitadas a un máximo de 10 persoas
Por outra banda, Almuiña indicou que o ocio nocturno non poderá abrir todavía as súas portas, cando menos até a semana que vén, cando se volte revisar a situación epidemiolóxica nos catorce municipios.
Nesta mesma liña, o conselleiro lembrou que as reunións de persoas que se produzan nestes concellos continuarán a estar limitadas a un máximo de 10 persoas.
O conselleiro remarcou a necesidade do emprego da máscara en todo momento, tanto en espazos abertos como en espazos pechados, poñendo especial énfase no seu uso nos locais de hosteleria, onde é obrigatoria en todo momento, agás no intre específico consumir.
O titular de Sanidade subliñou que non se pode baixar a garda e que é preciso seguir a cumprir dun xeito estrito as medidas hixiénico-sanitarias establecidas desde o inicio da pandemia da covid.
Pola súa banda, o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, rapasou os últimos datos rexistrados na Mariña, sinalando que até o de agora lévanse realizadas 4.708 probas PCR, das que 73 se realizaron na xornada de onte. Ademais, sinalou que o número de casos activos na Mariña neste momento é de 44, 3 menos que no día de onte.
Finalmnete, o consellerio tivo palabras de agradecemento para o conxunto de concellos e institucións da Mariña polo seu labor nas tarefas xestión, coordinación e limpeza de cada un dos catorce municipios. Así, Almuiña tamén agradeceu a colaboración e o nivel de responsabilidade amosado por parte de toda a súa poboación.