Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogos e preguntas de Por Viveiro para o pleno do martes

Viveiro, 30 de xullo de 2020. Por Viveiro presenta estes rogos e preguntas no pleno do martes 4 de agosto.

ROGOS:

1. A rúa Pastor Díaz desprende un cheiro importante na zona entre a Fontenova e a Zapatería, provocado polo alcantarillado municipal. Numerosos veciños e comerciantes da zona, mostran as súas queixas pola situación que provoca a incomodidade dos veciños e visitantes.
É por isto que rogamosao equipo de goberno que poña fin a esta situación realizando as obras necesarias para a súa reparación.

2. A piscina municipal continúa pechada dende o mes de marzo e as instalacións municipais en servicios mínimos e coa maioría dos empregados utilizando o teletraballo.
A día de hoxe, a inmensa maioría dos comercios e empresas locais están abertos e funcionando tendo en conta as medidas de seguridade establecidas pola alerta sanitaria, e moitas piscinas do entorno abertas ao público coas pertinentes restriccións.
É por isto que rogamos ao equipo de goberno que nos informe de que previsión temos de apertura da piscina así como a previsión de reincorporación da plantilla municipal aos seus postos de traballos físicos.

3. En Celeiro na rúa do Porto existen uns graves problemas de aparcamento para a veciños e visitantes. Situación derivada da ausencia de atención na zona por parte de Portos de Galicia, responsable da zona.

Existe unha zona de estacionamento, actualmente en liña, frente ao edificio de recente construción que é ocupada por contedores do lixo e por 4 vehículos como máximo.

Na citada zona está pendente dende fai anos a execución da urbanización así como a pavimentación e dotación de mobiliario público da zona, e a posición definitiva dos contedores do lixo.
Dende o Grupo Municipal de Por Viveiro, propoñemos ao equipo de goberno, a dotación de aparcamento en batería nesa zona, o que suporía conforme aos nosos cálculos, e tendo en conta a normativa vixente respecto a aparcamentos, uns 10 prazas de aparcamento (A lonxitude da zona é de 25 metros aproximadamente)

É por isto que rogamos ao equipo de goberno, que tome en consideración esta proposta e a leva a cabo, a fin de mellorar o estacionamento na rúa do Porto de Celeiro.

Exit mobile version