Un proxecto moi ambicioso e cun amplo traballo ás súas costas, que xorde tras detectar a necesidade de ofrecer unha app integral que facilite e achegue aos usuarios os innumerables recursos que se atopan na Mariña.
Turisgalicia recolle todos os elementos que se poden esperar dunha app turística de primeiro nivel:
– os lugares de interese, praias e roteiros da Mariña.
– unha guía de lecer nun apartado específico de axenda de constante actualización que inclúe todas as actividades de interese.
– unha selección de experiencias de turismo, deportes e lecer
– unha oficina virtual de turismo.
– un apartado específico sobre o Camiño de Santiago con todos os recursos para o peregrino.
– a promoción do comercio local, con centenares de empresas.
Turisgalicia incorpora tamén, instrumentos exclusivos de enorme utilidade, entre os que destaca: un sistema de xeolocalización grazas ao cal, calquera usuario pode coñecer instantaneamente que recursos turísticos son os máis próximos á súa localización e como chegar a eles. Ademais, permite dispoñer dunha oficina virtual de cada concello e unha ampla selección de comercios e actividades enmarcadas na Mariña.
Turisgalicia dispoñerá ademais, cun apartado de información municipal de actualización diaria dos concellos colaboradores de Ribadeo, Barreiros, Riotorto, A Pontenova, Mondoñedo, Xove, Cervo, Foz, Burela, Viveiro, O Valadouro, O Vicedo e Alfoz.
A APP conta co patrocinio principal da Deputación de Lugo, e a colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria dentro do seu programa Experiencias de Calidade, e a Secretaria Xeral de Política Lingüistica. Ademais, de GDR Terras de Miranda.