Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz anuncia que non vai mandar ningún interventor nin apoderado ás mesas electorais, salvo momentos puntuais como o reconto

Foz, 9 de xullo, 2020. Á vista de que Núñez Feijóo non ten pensado suspender as eleccións autonómicas na comarca e ante a incerteza dos datos facilitados, de forma confusa, pola Consellería de Sanidade, o PSOE de Foz por responsabilidade e para evitar posibles riscos, tomou a decisión de non enviar a ningún representante do partido ás mesas electorais este domingo, salvo en momentos puntuais como poden ser a constitución das mesas ou o reconto.

O protocolo para esta xornada foi feito nun escenario que non era o que se está vivindo no noso pobo e na nosa comarca, non se dan as garantías suficientes para as persoas. Isto supón un grave risco para a súa saúde. O que nos transmiten os veciños é que teñen medo de acudir a votar este domingo, tamén están asustados os compoñentes das mesas, polo que entendemos compartir toda a xornada electoral cos membros da mesa é expoñelos a un risco innecesario e que os votantes pódense alarmar ao ver un excesivo número de persoas nos colexios electorais, motivos mais que suficientes para a decisión tomada de solo acudir á hora do reconto – refire o secretario xeral do PSOE focense, Chema Linares.
Estamos nun momento delicado na mariña lucense non só cunha crise sanitaria senón económica e social, o que pode apreciarse nos veciños cunha tristeza e depresión da que esperemos saiamos todos á maior brevidade posible – remata Linares.

Exit mobile version