O Observatorio da Mariña pola Igualdade considera inaceptable a publicación de gravacións na vía pública na celebración da pasada Maruxaina
redac
Consideran que unha vez máis o machismo máis noxento sae a luz, buscando constantemente novas formas de intimidación, buscando socavar a dignidade para recordar que a rúa non é un espazo seguro para as mulleres. Dende o Observatorio Mariña Pola Igualdade mostran o rexeitamento máis profundo ante estes feitos e o apoio a todas as compañeiras afectadas.