Os axentes supervisaron o control do uso da mascarilla, que é obrigatorio excepto no momento do baño; o respecto á distancia interpersoal, tendo en conta que a superficie de praia a ocupar por cada usuario é de polo menos catro metros cadrados, e o cumprimento do límite máximo de dez persoas por grupo. Así mesmo, os axentes da Policía Local realizaron labores informativas a través da megafonía das radiopatrullas.