Ribadeo, 9 de xullo, 2020. Dende o noso punto de vista e tendo en conta os datos publicados o día de onte, entendemos que o rebrote de infeccións por Covid-19 na Mariña de Lugo non está controlado en absoluto, anque eso depende do que entendamos por “controlado”. A curva demostra que o crecemento de infectados é vertical polo tanto a previsión razoable é que esa tendencia se manteña durante bastantes días. So poderíamos falar de “control” cando esa tendencia comezase a declinar e ainda así con moitas dúbidas. A Xunta debera dar diariamente os seguintes datos: Número de infectados, número de ingresados, número de probas realizadas, número de probas positivas e negativas e número de persoas confinadas en domicilio por ser positivas ou por contactos con positivos. Ademais eses datos deberan darse desagregados por concellos, edades, sexos, empresas e outros colectivos. Con esa información poderíamos saber a evolución real do brote e as medidas concretas que está tomando a Xunta para controlalo. Os datos brutos aportan pouca información e xeneran inseguridade, bulos e especulacións. Nestas circunstancias o prazo de cinco días é un brindis ao sol que soa mais a publicidade electoral que a unha medida seria e responsable.
Estamos a martes, 7 de xullo, faltan cinco días para a cita electoral e debemos declarar que concordamos cas propostas de suspender as eleccións nas mesas da Mariña, porque hai un risco real e practicamente imposible de controlar de que as infeccións se extendan aos colectivos mais vulnerables, tendo en conta que os locais de votación son pequenos e anque se tomen algunhas medidas de distancias a asistencia de votantes pode ser masiva e contina ao longo da xornada electoral, polo tanto a suspensión das eleccións nestas mesas é unha proposta razonable para protexer á comunidade e ás persoas mais vulnerables. Temos leído algún comentario sobre que a lexislación non permite suspender as eleccións nestas circunstancias. A resposta é sinxela: para situacións excepcionais hai medida excepcionais e quen non esteña de acordo ten a opción de recurrir nas vias que considere oportunas.