Durante a reunión, o secretario xeral de Industria reafirmou que hai un proxecto industrial e enerxético viable para San Cibrao polo que insta a Alcoa a buscar unha solución alternativa ao ERE para evitar os despedimentos e o peche das instalacións. “Lo que hay que hacer es unir fuerzas, instituciones con sindicatos, para exigirle una respuesta a Alcoa. Lo que tienen que tener claro los trabajadores es que el Gobierno se está empeñando a fondo para dar una solución viable a Alcoa”.
Blanco lembrou ao comité de empresa que o Goberno mantén a súa proposta de plan industrial para Alcoa que garante a viabilidade da planta e trasladou as diferentes medidas adoptadas polo Goberno para apoiar a industria electrointensiva, como o recentemente aprobado Fondo de Garantía para Entidades Electrointensivas dotado con 600 millóns de euros de investimento en tres anos, un instrumento que vai permitir garantir un prezo estable e mellorar a competitividade da industria. Así mesmo, o marco de axudas á industria electrointensiva vai quedar regulado nas próximas semanas a través do Estatuto do Consumidor Electrointensivo.