Ambos coincidiron na adecuación de propostas innovadoras baseadas na principio de que tras a pandemia «fai falta unha transición política, económica, social e cultural e todos os sectores. Tamén no agrario». «A soberania alimentaria é esencial, porque senón non é posible unha transición ecolóxica que pense nas persoas, e non nas empresas multinacionais».
Tanto para o SLG como para a coalición, esta transición ecolóxica sostíbel debe ter en conta as seguintes cuestións centrais:
-Producción local e comercio de proximidade: Debe haber unha transición ao emprego de man de obra de cultivo directo e de productos habituais, cun uso responsábel das tecnoloxías para asegurar a sostenibilidade.
-Débese pensar en termos de complexo agroalimentario, non de «sector» agroalimentario. É decir, considerar o peso económico da actividade desde que o produto sae da terra até que se vende no supermercado, esto é , con implicación do sector primario e do sector servizos. «Tomado desta forma estaríamos a falar do 14,5% do peso da economía europea», matiza Cendán.
-Adquisición pública direta ao productor de alimentos de proximidade pola administración para cubrir as necesidades de comedores escolares, hospitais, residencias….
-Ampliación de servizos no rural, o cal faría moito máis rendible a actividade agraria ao non ter que destinar recursos extraordinarios a pagar por servizos privados que pode facilitar a administración. «Se tes servizos sociais tes máis renta para vivir, e isto axudaría a fixar poboación no rural e a camiñar cara a descarga de traballo das mulleres do rural, que asumen case totalmente a carga dos coidados ademais do traballo no campo».
-Incorporar a pequena escala ciencia e maquinaria de baixo coste de forma adaptada e correctamente dimensionada á realidade galega.
-Sostenibilidade: restauración do patrimonio arquitectónico agrario productivo é de transformación real de forma artesanal e sostible. Servizos de apoio para controlar os riscos derivados da produción labrega artesanal e transformación na propia explotación.
-Avanzar na soberanía alimentar dedicando polo menos un tercio da superficie galega á producción agropecuaria. Neste sentido o SLG denuncia que «o terreo agrario vale para todo menos para a actividade agraria: plantacións de eucaliptos, minaría….»
-Restauración do patrimonio productivo e de transformación de forma artesanal e sostible. Esto debe ir acompañado de servizos de apoio para controlar os riscos derivados da produción labrega artesanal e transformación na propia explotación. «A xente ten que poder facer queixos e vendelos, non só as industrias».
Miguel Anxo Fernán Vello comprometeuse, no nome de Galicia en Común-Anova Mareas, a traballar desde o futuro Goberno de Galicia na aplicación efectiva destas medidas desde o 13 de xullo.