Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúan as actividades de natureza do Concello de O vicedo este mércores cunha ruta de sendeirismo homologada pola Federación Galega de Montañismo

Trátase dunha ruta de 13 km que percorre parte da costa de O Vicedo de leste a oeste e que se inicia no Lugar do Pazo (San Román) e remata no Porto pesqueiro e deportivo do Vicedo. Debido á normativa vixente a día de hoxe, se non hai cambios, a excursión está limitada a 10 participantes, en caso de haber variación na normativa avisaríase polas redes sociais da Casa da Cultura do Vicedo. É preciso inscribirse no 982 59 01 95. O punto de encontro será o apeadeiro de FEVE ás 9:45h.

Exit mobile version