Site icon Crónica3.com A Mariña

Acia Foz sorteará un iPad de 7ª xeración entre todas as persoas que merquen a través da súa plataforma de venta online ata o 31 de agosto

 Foz, 9 de xullo de 2020. Acia Foz inicia unha campaña de promoción das compras no comercio local a través da súa plataforma de venta online. Entre as persoas que empreguen este modelo ata o vindeiro 31 de agosto o CCA sorteará un Ipad de 7ª xeración.
A Asociación de Comerciantes focense convida a participar mercando en www.compraenfoz.com ata o vindeiro 31 de agosto. Ademais de visitar a web, Acia Foz anima a seguir as súas redes sociais e a compartir as publicacións para ter máis posibilidades de gañar este premio. Entre os participantes sortearase un iPad 10.2” 128GB de 7ª xeración.
Os 25 establecementos que se poden atopar na plataforma de venta online de Acia Foz son Saint Tropez, Cenor Belianorte, Xoiería Iria Rodríguez, Sensación Surf, Kukadas, Doz Zapato Moda, Zapatería Carmen León, Decoraciones Pura, Suministros Veipa, Sueños Moda Infantil, Vagaluz, Mapfre Foz, Calzados Pirde, Arrullos, Librería Bahía, Pastelería Anduriña, Ginzo Hombre, OfiFoz, Chuvia, 5 Lobiños, Pastelería Amarena, Nº en Zapatillas, Buxo Xogos, Living Sport e Ginzo Mujer.

Exit mobile version