Lugo, 9 de xuño de 2020. A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver a orde de axudas a concellos para financiar melloras nas infraestruturas dos polígonos empresariais. Na provincia de Lugo concedéronse achegas que suman 434.800 euros para executar seis proxectos.
Nesta convocatoria a Xunta apoiará obras de mellora da rede viaria nos parques industriais de Cospeito, O Saviñao, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei e Cervo. Neste último concello, tamén se aprobou unha actuación relacionada coa xestión de residuos. As iniciativas subvencionadas son as seguintes:
Cospeito
Mellora do acceso sureste ao polígono de Muimenta
39.706 €
O Saviñao
Acondicionamento de accesos e melloras no parque empresarial do Peago
40.893 €
Monforte de Lemos
Mellora de infraestruturas viarias no polígono do Reboredo
72.887 €
Cervo
Acondicionamento dunha parcela municipal para a recollida de residuos procedentes do polígono
120.000 €
Obras de vial con aparcamentos para a área de acceso á EDAR do polígono de Cuiña
110.987 €
Outeiro de Rei
Actuacións de mellora das infraestruturas viarias de acceso ao polígono
50.392 €
A través desta orde de axudas, a Xunta financia ata un máximo do 80% do custo global dos proxectos presentados polos concellos para executar melloras nos parques empresariais, incluídas as obras nas infraestruturas viarias; xestión de residuos; implantar plantas de depuración de augas, incluídos os colectores con verquido á depuradora municipal; instalar sistemas de seguridade e vixilancia, de protección destinados á loita contra incendios ou contra o roubo de cable.