O xefe territorial da Consellería do Mar, Pablo Fernández Asensio, participou na inauguración da figura que homenaxea a este produto típico desta localidade ribadense ao tempo que servirá para a recollida de tapóns de plástico con fins solidarios.
A Administración autonómica financia o cen por cen do custe desta iniciativa e traballa co colectivo veciñal no deseño de novos eventos culturais e gastronómicos de cara aos vindeiros meses para dinamizar a actividade turística deste tradicional pobo mariñeiro.
Desde a Xunta animaron a apostar por consumir produtos do mar de Galicia, aínda que circunstancialmente este ano non poida facerse nas festas gastronómicas que adoitan ser multitudinarias. O Goberno galego lembra que peixes e mariscos son seguros e teñen unha extraordinaria calidade xa demostrada, como o conxunto da gastronomía galega vinculada ao mar.