Poderán inscribirse os estudantes nos 28 Graos, 11 Grao Combinados, 79 Másteres e Curso de Acceso para maiores de 25 e 45 anos.
A UNED/UNED-Aula Universitaria de Foz pon á túa disposición as titulacións e recursos que pode ofrecer calquera universidade presencial, pero con liberdade para conciliar a túa vida laboral e familiar coa mellora formativa que require a sociedade.
A Coordinadora da UNED/UNED-Aula Universitaria de Foz, Dona Mª Fuensanta Otero Beltrán explícanos que, “a combinación de formación online e semipresencial apoiada nunha plataforma propia permite que a UNED/UNED sexa a única universidade española que non aplica notas de corte ás solicitudes dos seus futuros estudantes.
Se os nosos estudantes deciden realizar a súa formación integramente online poden facelo, pero tamén teñen a opción semipresencial, se así o desexan, dado que os nosos profesores-titores personalizan e adaptan os contidos a cada opción. Aínda que sigas o teu ritmo e teñas flexibilidade horaria, nunca estarás só. Sempre terás un docente que che acompañará ao longo de toda a túa formación e axudarache a seguir adiante nos momentos máis difíciles como ocorreu este curso.
É a opción perfecta para desenvolverse profesionalmente desde a nosa preciosa comarca da Mariña”.
Para máis información na secretaría da UNED/UNED-Aula Universitaria de Foz, situada no I.E.S. de Foz ou chamando ao teléfono 982.133.699/604.034.549 ou ben no correo electrónico foz@lugo.uned.es.