A Mariña, 1 de xullo, 2020. Éxito total, así define o comité de empresa a xornada de folga e de mobilización deste mércores. As rúas de Compostela e a explanada diante de San Caetano foron os escenarios das protestas dos manifestantes. O grito é un só, o dunha comarca en defensa do seu emprego. Xunta e goberno central deben facer fronte común.
O comité agradece o xesto dos Concellos, especialmente Viveiro, Cervo e Xove de non abrir as súas dependencias.